デポルティーボ・ラ・コルーニャのインスタグラム(rcdeportivo) - 9月30日 02時16分


Unha d #asnosas regresa a casa para rematar o ano sumándose ao #DporABANCA⠀

BENVIDA DE VOLTA LÍA! #UnÚnicoLatido ⚽️ 💙 ✊🏽 #raznDÉcorazn⠀

Rosalía Muíño González, máis coñecida como Lía (A Coruña, 13 de febreiro de 2000), volverá vestir a camiseta do Deportivo ABANCA até o próximo mes de decembro.⠀

Lía, formada na canteira do Victoria CF, foi unha das compoñentes do primeiro equipo do Dépor ABANCA cando se creou ao comezo da Temporada 2016-2017. A centrocampista completou tres temporadas no conxunto herculino, nas que foi unha das futbolistas máis utilizadas por Manu Sánchez, xa que disputou 72 partidos, nos que marcou 13 goles. Ademais, a xogadora coruñesa formou parte do Deportivo ABANCA que logrou o histórico ascenso a Primera Iberdrola ante o CD Femarguín, o 19 de maio de 2019.⠀

Aquel foi o seu último partido até agora coa camiseta branquiazul, posto que puxo rumbo a Estados Unidos para formar parte do equipo da Universidade de South Florida. Lía reincorporarase ao conxunto de South Florida Bulls de cara ao ano 2021, xa que ningunha competición universitaria norteamericana arrancará antes de que finalice este ano.


[BIHAKUEN]UVシールド(UVShield)

>> 飲む日焼け止め!「UVシールド」を購入する

2,638

16

2020/9/30

デポルティーボ・ラ・コルーニャを見た方におすすめの有名人