デポルティーボ・ラ・コルーニャのインスタグラム(rcdeportivo) - 10月6日 02時06分


Na A de Álex
Na B de Bergantiños
Na C de Coruñés e Capitán Comprometido
Nas boas, e nas malas moito máis, ti sempre con nós, nós sempre contigo, neno!

Seguimos xuntos Álex, #tocavolversemollar! #DÉxustiza

Alejandro Bergantiños García (A Coruña, 7 de xuño de 1985) renovou o seu compromiso co deportivismo, ao prolongar o seu contrato dúas temporadas máis.

Con 254 aparicións coa camiseta branquiazul, Álex é o 26º xogador con máis partidos oficiais na historia do Club, empatado con Diego Tristán e moi preto de Pedrito (262), Djukić (271), Ballesta (278), Alfonso Castro (280) e Naybet (284).

Pasaron pouco máis de 9 anos do seu tardío debut co primeiro equipo deportivista, pois antes de dar o salto foi cedido a Xerez durante dúas campañas, mentres que noutra máis estivo a préstamo na Granada e o Gimnàstic de Tarragona. Álex estreouse co Dépor con 26 anos, o 27 de agosto de 2011, en partido de Segunda División en Riazor ante o Recreativo de Huelva (1-0).

A pesar das habituais cesións, Álex pertence á disciplina deportivista desde que ingresou no Club sendo xuvenil, en 2002. Desde a súa chegada procedente do Imperátor, Álex está a comezar a súa 19ª temporada como futbolista branquiazul.

Álex sempre demostrou ser un exemplo de responsabilidade fóra do campo e de compromiso e limpeza dentro del. Isto último demóstrao o feito de que nos seus máis de 400 partidos no fútbol profesional nunca viu unha cartolina vermella.


[BIHAKUEN]UVシールド(UVShield)

>> 飲む日焼け止め!「UVシールド」を購入する

4,172

93

2020/10/6

デポルティーボ・ラ・コルーニャを見た方におすすめの有名人